Protección axeitada para unha observación segura

Observación segura

Para observar a eclipse con seguridade é imprescindible empregar lentes para eclipse con certificación ISO 12312-2, compradas a distribuidores de confianza. Tamén podes empregar filtros solares específicos para telescopios, prismáticos ou cámaras, colocados sempre por diante do obxectivo.

As lentes de eclipse só se poden empregar se están en bo estado, sen rascaduras nin perforacións. Ante a mínima dúbida non se deben empregar. 

Descarga nestes documentos as recomendacións sanitarias achegadas pola Consellería de Sanidade para unha protección ocular axeitada.

Protexe os teus ollos na eclipse
Posibles afectacións na saúde
Recomendacións sanitarias para a observación segura da eclipse
Lentes, que deben cumprir?
Protexe os teus ollos na eclipse

Documentos relacionados

  • Recomendacións da Consellería de Sanidade

Como observalo con seguridade

Protexer a vista é fundamenta. Mirar o Sol sen a protección axeitada pode causar danos oculares permanentes

  • Non mires o Sol directamente a simple vista, incluso se está nublado ou o Sol vése débil.
  • Non empregues lentes de Sol convencionais, por moi escuras que sexan.
  • Non empregues cristais afumados, radiografías, CDs, espellos, nin ningún “truco caseiro”.
  • Non apuntes cámaras, prismáticos ou telescopios cara o Sol sen filtros específicos homologados.

Para observar a eclipse con seguridade é imprescindible empregar:

  • Lentes para eclipse con certificación ISO 12312-2, compradas a distribuidores de confianza.
  • Filtros solares específicos para telescopios, prismáticos ou cámaras, colocados sempre por diante do obxectivo.
  • As lentes de eclipse só se poden empregar se están en bo estado, sen rascaduras nin perforacións. Ante a dúbida, non se deben empregar.
  • Durante todas as fases parciais, aínda que quede só unha pequena dentada do Sol, a protección é obrigatoria.
  • Só durante os poucos minutos de totalidade completa (cando o Sol está 100% oculto pola Lúa) é seguro mirala sen lentes.
  • En canto reaparece o primeiro borde brillante do Sol, hai que volver a poñer protección ao momento.
  • Se estás nunha zona onde a eclipse non chega a ser total, non debes quitar as lentes en ningún momento.

Leva as lentes contigo e comproba que están en bo estado antes de saír. Se tes dúbidas, prioriza métodos indirectos.

Recursos e ligazóns

Aquí reuniremos ligazóns verificadas (cartografía, cálculos, consellos de seguridade e materiais divulgativos). Engadiremos descricións breves e indicacións de atribución cando corresponda.