A eclipse desde o teu concello
Preme sobre o mapa e comproba se estás dentro da franxa de totalidade da eclipse, as horas de inicio e fin do fenómeno, a súa duración...
Todo sobre a eclipse
Que é?
Unha eclipse solar é un evento astronómico excepcional. Acontece cando a Lúa pasa diante do Sol e proxecta a súa sombra sobre a Terra.
No caso dunha eclipse total, a parte máis escura da sombra (umbra) cobre o lugar onde estás durante uns instantes. Nese momento o día “apágase”, baixa a temperatura e faise visible a coroa solar.
Onde se verá en Galicia?
A eclipse do 12 de agosto de 2026 verase como total nunha franxa concreta. En Galicia, o fenómeno prodúcese ao final da tarde e cara ao solpor, co sol baixo no horizonte.
Como referencia, no municipio da Coruña o Instituto Xeográfico Nacional indica que a eclipse rematará arredor das 21:22 (hora oficial), antes da posta do sol.
O 30 de abril de 2026 temos unha oportunidade para anticiparnos comprobando a posición do sol, pois estará practicamente na mesma que ocupará o día da eclipse.
É moi importante ter en conta que a visibilidade real pode variar se tes montes, edificios ou outros obstáculos cara ao oeste, polo que é clave escoller un lugar cun horizonte ben despexado.
Protección axeitada para unha observación segura
Para observar a eclipse con seguridade é imprescindible empregar lentes para eclipse con certificación ISO 12312-2, compradas a distribuidores de confianza.
Tamén podes empregar filtros solares específicos para telescopios, prismáticos ou cámaras, colocados sempre por diante do obxectivo.
As lentes de eclipse só se poden empregar se están en bo estado, sen rascaduras nin perforacións. Ante a mínima dúbida non se deben empregar.
Fases parciais e fase de totalidade
Durante todas as fases parciais, aínda que quede só unha pequena dentada do Sol, a protección é obrigatoria.
Só durante os poucos minutos de totalidade completa (cando o sol está 100% oculto pola Lúa) é seguro mirala sen lentes.
En canto reaparece o primeiro borde brillante do Sol hai que volver a usar protección ao momento.
Se estás nunha zona onde a eclipse non chega a ser total, non debes quitar nunca as lentes!

Quedan:
Consellos prácticos
Para que a experiencia do 12 de agosto sexa cómoda, segura, sen imprevistos... cómpre preparala antes. Axudámosche a organizala!
Ao redor da eclipse
A eclipse é unha oportunidade única para o turismo galego, pero tamén ten implicacións noutros ámbitos (educación, sanidade, medio ambiente, emerxencias…). Velaquí iniciativas nas que xa se está traballando: