A eclipse contada desde os centros de investigación galegos
Ata o 12 de agosto, e a través das súas redes sociais, a Xunta de Galicia difunde unha serie audiovisual na que investigadores e investigadoras de distintas disciplinas explican este fenómeno.
Trátase de pílulas informativas protagonizadas por dez investigadores/as de prestixio e especialistas na materia desde distintas ramas de coñecemento.
Participarán Jorge Mira, Olalla López-Costas, Carlos Salgado, Begoña Nicolás e Mercedes Camiña pola Universidade de Santiago de Compostela (USC); Minia Manteiga e Verónica Chobanova pola Universidade da Coruña (UDC); Ana Ulla e José Ramón Salgueiro pola Universidade de Vigo (UVigo) e Andrea Rodríguez polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).